María do Carmen Saavedra participa no IV Congreso Internacional Casa de Austria (setembro, 2021)

María do Carmen Saavedra, catedrática de Historia e membro do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), participa no IV Congreso Internacional Casa de Austria. Esta reunión científica, que se celebrará na Academia de Cabalería de Valladolid do 21 ao 23 de setembro de 2021, está organizada pola Cátedra Casa de Austria Cátedra (Instituto- CEU de Estudos Históricos), coa colaboración da Universidade de Valladolid, a Universidad Francisco de Vitoria, a Escuela de Negocios CEU Castilla y León e a escola Virtus Universitas. A especialista en historia política e historia militar da USC intervirá o día 21, ás 16:00 horas, cun relatorio que leva por título, “As frontes da Monarquía Hispánica: inimigos e aliados”.