Novidade editorial: Historia das historias de Galicia

Todas elas son historias cuxo contido e sentido ten mudado no tempo en función das distintas conxunturas políticas, sociais e culturais polas que atravesou Galicia. Malia iso, e ata o de agora, rara vez se ten prestado atención a esas mudanzas e, menos aínda, ás súas implicacións sociais, culturais e ideolóxicas, ou ao que realmente se agocha trás elas. De aí a orixinalidade dos resultados desta publicación, os que, sen dúbida, no deixarán indiferente ó lector.