Ofelia Rey Castelao participa en la Journée d’études internationale: De la place a la chaire. L’espace urbanin dans les conflits du passe (Paris)

Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia e membro do GIHM, participará na Conferencia Internacional «Da praza ao púlpito: o espazo urbano nos conflitos de tempos pasados». Esta iniciativa, coordinada por Susana Truchuelo e Marina Torres (Universidade de Cantabria), forma parte dos seminarios do Colexio de España (París). A especialista da USC falará sobre as catedrais castelás como escenario de conflitos violentos, o 14 de outubro de 2021 ás 9:30 horas.
O programa completo do ciclo, que se pode seguir de xeito electrónico, pode consultarse no seguinte enderezo: https://www.ehess.fr/fr/journ%C3%A9es-d%C3%A9tude/place-chaire
Todos os interesados en asistir por internet deben primeiro completar a inscrición obrigatoria enviando un correo electrónico aos coordinadores: truchues@unican.es ou torresm@unican.es.