Ofelia Rey Castelao realiza unha estancia de investigación en París
Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC e membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna, realiza unha estancia en París durante a cal abordará o tema da familia en España durante o século XVIII no curso do seminario “Pouvoirs et dépendances au sein de la famille : perspectives comparatives (16e-21e siècles)” organizado polo Equipo de Investigación para a Historia do Mundo Rural (ERHIMOR) do Centro de Recherches Historiques da EHESS. Do mesmo xeito, o 16 de xaneiro impartirá na Universidade de Caen a conferencia “El impacto de la guerra en un territorio extratégico: el noroeste peninsular en la Edad Modena” no seo do seminario multidisciplinar “Le Temps de l’Empire Ibérique (XVe-XVIIIe siècles)”.