Ofelia Rey participa nun curso da Universidade de Cantabria en San Vicente de la Barquera (xullo, 2022)

A catedratica Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, vai participar nun curso de verán en San Vicente de la Barquera organizado pola Universidade de Cantabria. A modernista galega falará sobre as mulleres do norte peninsular e o mar na Idade Moderna, resaltando as fondas implicacións femininas na explotación dos recursos e a súa importancia nas economías mariñeiras, entre outros.
Máis informacións sobre os cursos de verán da UC en:
https://web.unican.es/noticias/Paginas/2022/junio_2022/Musica-gastronomia-cursos.aspx
https://gmundus.unican.es/category/actividades/cursos/