Ir ao contido principal

Ofelia Rey realizará o relatorio final do XIV Coloquio Internacional de Historiografía Europea & XI Xornadas de Estudos sobre a Modernidade Clásica (Arxentina)

A catedrática Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, impartirá o relatorio de clausura no XIV Coloquio Internacional de Historiografía Europea & XI Xornadas de Estudos sobre a Modernidade Clásica, coordinado pola doutora María Luz González Mezquita e organizado polo Grupo de Investigación en Historia de Europa Moderna, Universidad Nacional de Mar del Plata (Arxentina). A intervención da especialista galega, que terá lugar o día 26 de novembro ás 15.15 hora de Arxentina (19.15 hora de España), leva por título “Problemas da historiografía modernista actual: ¿o retorno das cifras?”. 

[Programa do encontro en adxunto]

Descargar adxunto