Ir ao contido principal

Participación da profesora María del Carmen Saavedra no Congreso Euroamericano de Dereito e Política

María del Carmen Saavedra, como integrante do grupo de Investigación de Historia Moderna, participou no Congreso Euroamericano de Dereito e Política organizado polas Universidades de Vigo e Fulminense do Brasil, que tivo lugar en Ourense os días 19, 20 e 21 de abril. Dito encontro foi de marcado carácter interdisciplinar e nel participaron profesores de Dereito, Ciencias Políticas, Socioloxía e Historia.  A profesora Saavedra presentou un traballo no que analizou as disposicións militares da Ordenanza de Intendentes de 1718, poñéndola en relación coa reforma militar iniciada por Felipe V a principios do seu reinado.