Ir al contenido principal

Saavedra Fernández, Pegerto

Catedrático

pegerto.saavedra@usc.es

Autor dunha ducia e media de libros, cincuenta artigos publicados en trinta revistas diferentes e un centenar de capítulos de libros e colaboracións en obras colectivas. As súas principais liñas de investigación céntranse nas sociedades rurais dos séculos XVI e XIX, a cultura e a vida cotiá, os mosteiros e pazos na Galicia moderna, e a análise da rede parroquial e do clero rural.

Ata o momento, dirixiu ou codirigiu once teses de doutoramento e foi investigador principal en once proxectos e contratos de investigación.

Director do Departamento de Historia II (Medieval, Moderna e Contemporánea) de 1990 a 2001; Vicepresidente da Fundación Española de Historia Moderna de 2002 a 2006; membro da Comisión de Patrimonio do Consello da Cultura Galega (ata 2020) e da Comisión Superior para o Estudo do Dereito Civil de Galicia, investigador titular do Instituto Padre Feijoo de Estudos do Século XVIII e membro numerario da Real Academia Galega.

Currículum

Publicaciones