Relatorio de Camilo Fernández Cortizo no V Seminario Científico de Historia Moderna (UVigo)

O vindeiro xoves 24 de marzo de 2022, de 16:00 a 18:00 horas, Camilo Fernández Cortizo, membro do GIHM, participará no V Seminario Científico de Historia Moderna, organizado por María López Díaz e Antonio Presedo Garazo, da área de Historia Moderna da Universidade de Vigo. O relatorio do especialista da USC, que leva por título “Galegos en Portugal (1714-1850): Emigración laboral e exilio político”, celebrarase na aula 0.9, Edificio de Facultades (Campus de Ourense), aínda que tamén poderá seguirse de xeito virtual, con inscripción previa.
Folleto en adxunto.