Ir ao contido principal

SEMINARIO “DO PASADO AO FUTURO: OS COMUNAIS NA PENÍNSULA IBÉRICA COMO RECURSO PRODUCTIVO, AMBIENTAL E PAISAXISTICO ”.

O próximo día 18 de xuño celebraráse na Facultade de Filosofía (Seminario 108) o Seminario “Do pasado ao futuro: os comunais  na Península Ibérica como recurso productivo, ambiental e paisaxístico”, no que participarán,  dende unha perspectiva interdisciplinar, especialistas de Galicia e de diversas universidades de España e Portugal. O Seminario está coordinado polos membros do Grupo de Investigación Pegerto Saavedra e Hortensio Sobrado, no marco do Proxecto: “El monte comunal en Galicia desde comienzos de la Edda Moderna a la actualidad: de soporte de <un viejo complejo agrario> a recuirso medioambiental y patrimonio paisajístico”, financiado polo MINCINN (HAR2014-52667-R).

Nos últimos tempos, por diversas razóns, o estudo dos montes comunais ten adquirido un  crecente interés. Conscientes delo, o Seminario pretende servir de marco de reflexión e debates en torno ao pasado, presente e futuro dos comunais na Península Ibérica, abordando desde unha perspectiva interdisciplinar e comparativa, entre outros, aspectos como a súa evolución histórica, e as novas situacións experimentadas nos últimos anos en relación coa ordenación do territorio, a conservación do medio natural e a valoración da paisaxe como patrimonio, o que conforma ao monte comunal como un importante recurso productivo, así como ambiental e paisaxístico.