LIBRARÍA DIXITAL DA USC
Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa
- Coordinador/a
- Corral Díaz, Esther
- Frateschi Vieira, Yara
Estas páxinas conteñen unha compilación de textos e imaxes que testemuñan a relevancia da muller no marco literario e histórico da lírica galego-portuguesa, un vizoso e variado escenario feminino que atende tanto a figuras históricas como a categorías sociais e relacións colectivas (familiares, sociais e amorosas) para proporcionar unha estampa da muller na nosa lírica medieval en todas as súas facetas. Como complemento, a obra inclúe un detallado estudo da representación feminina nas miniaturas do Cancioneiro da Ajuda e dous apéndices que rastrexan os posibles antecedentes na lírica das carjas e a súa evolución no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2023
- Serie
- 518 Outras Publicacións
- Dispoñibilidade
- Si