• Novo

Discapacidade visual

Autor/a
Mayo Pais, Mª Emma
Esta unidade didáctica pertence á materia Trastornos no Desenvolvemento e Dificultades na Aprendizaxe, que é unha materia que se imparte no máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, impartido na Universidade de Santiago de Compostela. Esta disciplina é de carácter optativo para o alumnado da especialidade de Orientación Educativa. A súa carga lectiva é de 4 créditos ECTS e impártese nos meses de outubro/novembro. Nesta unidade estúdase o concepto, a clasificación e a etioloxía da discapacidade visual (DV), así coma diferentes aspectos relacionados con como ve o alumnado que presenta discapacidade visual, como podemos detectar un problema visual na aula e algunhas orientacións para a intervención entre outros.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2024
Serie
Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679857
Dispoñibilidade
Si