• Novo

Tipoloxías vitimais e prevención

Autor/a
Pérez Rivas, Natalia
A formulación de tipoloxías vitimolóxicas remóntase ás orixes da vitimoloxía, debéndose as primeiras a Von Hentig e Mendelsohn —os chamados pais da vitimoloxía—, quen xogaron un papel fundamental nos seus inicios coa formulación das teses da predisposición vitimal e a contribución da vítima á súa propia vitimización. Ao orixinarse dentro dun paradigma positivista, o interese da nova disciplina centrouse, inicialmente, no estudo teórico daqueles factores que permitían diferenciar as vítimas das non vítimas, así como na interacción existente entre a vítima e o vitimario na xénese do feito delituoso da que se derivaría unha corresponsabilidade da vítima na súa propia vitimización. Esta teoría positivista da vitimoloxía é a que maioritariamente adoptan os sistemas de xustiza na medida en que exonera de toda responsabilidade ao Estado. A través da formulación de tipos vitimais pretendíase pór de manifesto o carácter nesgado co que as ciencias penais abordaban o fenómeno da criminalidade, incidindo no rol que as vítimas desempeñaban no mesmo. Tamén perseguían o establecemento dunha definición ou, polo menos, dunha subdefinición común de vítima centrada nas características máis significativas delas. A pesar de fracasaren nese obxectivo inicial e da súa perda de protagonismo unha vez superada a denominada «vitimoloxía do acto», o certo é que estas clasificacións continúan sendo consideradas como un instrumento de investigación idóneo ao achegaren datos esenciais, entre outras cousas, para o deseño de programas de prevención vitimal.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2024
Serie
Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679871
Dispoñibilidade
Si