O jackknife, o bootstrap e outros plans de remostraxe
Autor/a
Efron, Bradley
Prologuista
Cao, Ricardo
Traductor/a
Crujeiras, Rosa
Estas simples ideas boas son as nosas materias primas intelectuais máis prezadas. Así comeza Bradley Efron a introdución dunha obra que presenta as ideas fundamentais do bookstrap, un método de remostraxe que revolucionou a inferencia estatística. Concibida antes de os ordenadores poderen permitir o aproveitamento de todo o seu potenciail, a obra de Efron achega as ideas fundamentais dunha ferramenta sumamente influente para o desenvolvemento da estatística non paramétrica ao longo dos anos noventa do pasado século e que hoxe mantén plena vixencia polo seu enorme influxo non só na estatística, senón tamén na física e na computación.