A implementación da perspectiva de xénero nos estudos universitarios en dereito e criminoloxía, tanto na docencia e a transferencia de coñecementos como na investigación, implica debuxar de novo os esquemas mentais e simbólicos do pensamento xurídico que tradicionalmente se articularon baixo premisas nesgadas en canto ao xénero, de neutralidade, obxectividade e imparcialidade. Ademais, comporta repensarmos o suxeito xurídico/político.
Esta guía ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en dereito e criminoloxía.