Termos e condicións de uso
Condicións de venda, pagamento e entrega
O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela (SPIC-USC) ofrece na súa páxina web unha forma de compra pola selección de produtos a través dun catálogo virtual no cal se indican os prezos IVE incluído (PVP), que son recompilados nunha cesta da compra na cal o cliente pode engadir máis produtos, borrar, modificar as cantidades dos produtos seleccionados e coñecer o prezo total do pedido en todo momento. Unha vez aceptada a cesta da compra, os datos introducidos nela constitúen o obxecto de pedido, ao cal se lle engaden os custos de envío segundo destino e peso do total dos artigos seleccionados. O cliente pode coñecer de forma clara e desagregada o prezo do pedido, o valor dos impostos aplicados e os custos de envío específicos para o seu pedido.
Os prezos dos produtos expostos na páxina web do SPIC-USC inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) que, no seu caso, sexa procedente aplicar. As compras que deban ser entregadas en territorios de países non membros da Unión Europea, Canarias, Ceuta ou Melilla estarán exentas de IVE. O SPIC-USC non se fará cargo dos aranceis, impostos especiais e demais gastos aplicables polo país ou lugar de destino do envío, que serán sempre a cargo e conta do destinatario.
Ao formular o pedido, o cliente pode elixir libremente abonar as compras que realice mediante cartón (American Express, Mastercard, Visa, Visa Electrón...), transferencia bancaria ou contra reembolso. O pagamento con tarxeta de crédito efectúase a través dos sistemas de pagamento contratados a unha entidade financeira e baixo sistemas de seguridade de comercio electrónico seguro, que aseguran a confidencialidade dos datos transmitidos dixitalmente no momento do pagamento, os cales están baseados en SSL (Secure Sockets Layer).
O cliente deberá ter en conta que os prazos de entrega, a calidade do servizo, o punto de entrega e os custos serán diferentes para cada forma de transporte e serán especificados de forma independente ao custo do produto e con anterioridade á confirmación do pedido. A data de entrega no domicilio do cliente depende da dispoñibilidade do produto escollido e da zona de envío, con todo non excederá dos 30 días naturais desde a confirmación e pagamento do pedido por parte do cliente. Antes de confirmar o seu pedido e proceder ao pagamento, informarase o cliente sobre os gastos de envío que aplican ao seu pedido en concreto.
Todos os pedidos realizados son confirmados por medio de correo electrónico, á conta especificada polo comprador durante o proceso de compra, con copia do pedido e factura correspondente a este. Cada pedido dispón dun identificador único que pode ser utilizado para calquera consulta acerca del.
Dereitos do comprador e condicións de devolución
O SPIC-USC non garante aos seus clientes a dispoñibilidade nin o prazo de entrega inmediatos dos produtos que se ofrecen no seu website, agás a dos produtos nos que expresamente se cite unha determinada garantía. O prazo máximo de entrega será de 30 días. O catálogo que se mostra é a xeito de mera orientación. O SPIC-USC garante aos seus clientes a posibilidade de anular o seu pedido en calquera momento e sen ningún custo, sempre que a anulación se comunique antes de o pedido ser posto ao dispor do transportista para o seu envío.
O cliente dispoñerá dun prazo de catorce días dende a recepción do pedido para resolver o contrato e realizar a devolución do produto adquirido. O cliente comunicará ao SPIC dentro do prazo estipulado e por calquera medio admitido en dereito o seu desexo de exercitar o dereito de resolución do contrato. O pedido devolto deberá ser entregado xunto co albará de entrega e no seu caso a factura emitida. Se a causa da devolución fose que o produto devolto presente defectos, o SPIC-USC correrá ademais cos custos derivados de devolución e nova entrega do produto en perfectas condicións.
O cliente poderá devolver calquera artigo que comprase a través da páxina web do SPIC-USC a condición de que os produtos non fosen abertos nin usados e conserven o seu precinto ou embalaxe orixinal. Nestes casos, o SPIC-USC devolverá os cartos da compra a través dun abono no cartón de crédito, mediante unha transferencia bancaria á conta indicada polo cliente ou mediante abono na súa conta persoal, tendo que asumir o cliente os custos de envío e devolución dos produtos que conforman o pedido.
Se un produto distinto ao solicitado polo cliente fose entregado polo SPIC-USC, este seralle retirado e entregaráselle o produto correcto sen ningún cargo adicional para o comprador. Para calquera incidencia relacionada coa devolución de artigos da nosa tenda pode contactar co noso servizo comercial nos tels. 881 812 391 / 881 815 013.
Obrigas do cliente
O cliente do SPIC comprométese en todo momento a facilitar información veraz sobre os datos solicitados no formulario de realización do pedido.
O cliente comprométese a aceptar todas as disposicións e condicións recollidas nas presentes condicións, entendendo que recollen a mellor vontade de servizo posible para o tipo de actividade que desenvolve o SPIC-USC.
O cliente comprométese a posibilitar a entrega do pedido solicitado, facilitando un enderezo de entrega no que poida ser entregado o pedido solicitado dentro do horario habitual de entrega de mercadorías (de luns a venres de 10:00 a 13:30). En caso de incumprimento por parte do cliente desta obrigación, o SPIC-USC non terá ningunha responsabilidade sobre o atraso ou imposibilidade de entrega do pedido solicitado polo cliente.
Lexislación aplicable e xurisdición competente
As compravendas realizadas co comercio electrónico do SPIC-USC sométense á lexislación española. En caso de calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación das presentes condicións contractuais, os Xulgados e Tribunais competentes serán os que dispoña a normativa legal aplicable. As operacións de venda entenderanse realizadas no domicilio social da Universidade de Santiago de Compostela . No caso de que a parte compradora teña o seu domicilio fóra de España, ambas as partes sométense, con renuncia expresa de calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.