Guerras e conflitos sociais de onte e de hoxe: (literatura e arte)
Coordinador/a
García Pedreira, Rocío
Mosteiro García, María Josefa
Pousada Pardo, Verónica
O presente monográfico xorde a partir dos estudos compartidos no
Congreso Internacional Guerras e Conflitos Sociais de Onte e de Hoxe
(Literatura e Arte), celebrado en Santiago de Compostela os días 15,
16 e 17 de xuño de 2016, e das ideas expostas nos seminarios e
reunións de investigadores celebrados nos meses anteriores. No libro
preténdese ofrecer traballos que axuden á formación do futuro
lector e observador a partir da lectura visual e textual.