Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Visual P3a in male alcoholics and controls.

Autores: Rodríguez Holguín, S.; Porjesz, B.; Chorlian, D.B.; Polich, J.; Begleiter, H.

Ano: 1999

Alcoholism: Clinical and Experimental Research, 23, 582-591. DOI: 10.1111/j.1530-0277.1999.tb04158.x

Palabra clave: Alcoholism, Visual Event-Related Potentials (ERPs), P300, P3a, Current Source Density (CSD)

O obxectivo deste estudo foi avaliar o compoñente P3a dos potenciais evoados nunha poboacion de alcohólicos crónicos abstinentes. Empregouse un paradigma ‘oddball’ visual de tres estímulos para provocar P3a robustos un amplo grupo de homes alcohólicos (n = 44) e controisl (n = 28) ben definidos. A tarefa requiría realizar unha discriminación perceptiva difícil entre estímulos presentados aleatoriamente: liñas verticais, presentadas de modo frecuente (.80) e liñas inclinadas 2° á dereita da vertical, definidas como obxectivo (‘target’), e presentadas con baixa frecuencia (.10); os participantes debían responder premendo un botón ante os estímulos ‘target’. Tamén aparecía, con carácter infrecuente (.10) unha liña horizontal, non ‘target’. O estímulo ‘target’ deu lugar a un compoñente P3b tardío robusto, con amplitude máxima en parietal, e o estímulo ‘non-target’ provocou un compoñente P3a claro, cunha distribución de amplitude máxima en localizacións fronto-centrais. Avaliáronse as diferenzas entre os grupos mediante análises ANCOVA de medidas repetidas en cinco rexións craniais. Os alcohólicos presentaron P3a de menor amplitude que os controis sobre as áreas central, parietal, temporal e occipital. As análises de Densidade de fontes de corrente sustentaron estes resultados, e extenderon a diferenza entre os grupos á rexión frontal. Os resultados indican que a P3a debe considerarse na avaliación do alcoholismo e da súa herdabilidade. Discútense as implicacións teóricas.