Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Binge drinking trajectory and neuropsychological functioning among university students: A longitudinal study.

Autores: Mota, N.; Parada, M.; Crego, A.; Doallo, S.; Caamaño-Isorna, F.; Rodríguez-Holguín, S., Cadaveira, F.; Corral, M.

Ano: 2013

Drug and Alcohol Dependence, 133, 108-14 DOI: 10.1016/j.drugalcdep.2013.05.024

Palabra clave: Adolescence, Alcohol, Binge drinking, Executive, Memory

CONTEXTO: A adolescencia é un período de marcado neurodesenvolvemento. O consumo intensivo de alcohol (CIA) durante este período da vida incrementa a vulnerabilidade aos seus efectos neurotóxicos. Este estudo lonxitudinal pretende investigar a relación entre a traxectoria CIA ao longo dos anos de universidade e o funcionamento neuropsicolóxico. MÉTODO: Estudo de cohortes. Seguimento a dous anos. Avaliouse a un total de 89 estudantes universitarios: 40 Non-CIA (na avaliación Inicial e na de Seguimento), 16 Ex-CIA (CIA na Inicial, pero non no Seguimento) e 33 CIA (nos dous momentos). Realizouse unha valoración neuropsicolóxica da memoria de traballo, memoria episódica e capacidades executivas durante o seu primeiro (Inicial) e terceiro (Seguimento) curso na Universidade de Santiago de Compostela. RESULTADOS: As persoas CIA tiveron peor desempeño na Escada de Memoria de Weschler (WMS-III), o Subtest de Memoria Lóxica (recordo inmediato do tema, p = .034; recordo demorado do tema, p = .037, e porcentaxe de retención, p = .035) e cometeron máis erros perseverativos na tarefa ‘Self-Ordered Pointing Task’ (SOPT) (p = .021) que os Non-CIA. Non houbo diferenzas entre Ex-CIA e Non-CIA. CONCLUSIÓNS: A traxectoria de consumo intensivo de alcohol durante a adolescencia está asociada co desempeño neuropsicolóxico. O CIA persistente, a diferenza do Ex-CIA, asóciase con dificultades en memoria verbal e monitorización. Esta conclusión é compatible coa hipótese de que o uso excesivo de alcohol durante a adolescencia pode afectar ás funcións cognitivas que dependen do córtex temporomesial e do córtex prefrontal dorsolateral.