Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Vertical asymmetries and inhibition of return: Effects of spatial and non-spatial cueing on behavior and visual ERPs.

Autores: Gutiérrez-Domínguez, F-J; Pazo-Álvarez, P; Doallo, S; Fuentes, LJ; Lorenzo-López, L; Amenedo, E.

Ano: 2014

International Journal of Psychophysiology, 91, 123-131. DOI: 10.1016/j.ijpsycho.2013.12.004

Palabra clave: Inhibition of Return; Event Related Potentials; Visual field; Location; Color; Behavior

Os mecanismos que subxacen á inhibición de retorno (IOR) atópanse aínda en debate. Xunto coa probable implicación de varios procesos na súa xeneración, a razón da incertidume pode estar relacionada con factores experimentais que afectan á presenza, curso temporal e magnitude da IOR. Dous destes factores poden estar relacionados coa disposición dos estímulos no campo visual, o que podería causar posibles interaccións entre a IOR e efectos de conflito espacial estímulo-resposta (E-R, disposición horizontal) ou entre a IOR e as asimetrías perceptivas (disposición vertical). O obxectivo deste estudo foi explorar os efectos da sinalización espacial e da cor cunha disposición vertical dos estímulos, libre de efectos de compatibilidade E-R. Para examinar esta posibilidade, empregouse unha tarefa ‘cue-back’ cos estímulos situados no meridiano vertical. Os estímulos obxectivo podían aparecer de maneira equiprobable en localizacións previamente sinaladas, ou coa mesma ou diferente cor. Estes efectos de sinalización analizáronse na execución condutual e nos ERPs para os campos visuais superior e inferior (UVF e LVF) por separado. Baixo sinalización espacial, a execución condutual foi máis lenta (IOR espacial) en ambos hemicampos. Nos ERPs, observáronse reducións da amplitude de N1 en ambos os dous hemicampos aínda que con modulacións diferentes na súa latencia e distribución pericraneal. No inicio do ascenso da onda P3, observáronse deflexións negativas (Nd) con distribución posterior no LVF e deflexións positivas (Pd) con distribución anterior no UVF. Baixo sinalización da cor, a amplitude de P3 reducíuse no UVF en ausencia de efectos condutuais. Estes resultados suxiren que, baixo sinalización espacial e non espacial, existen diferentes padróns de activación cerebral nos campos visuais superior e inferior.