Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Evolution of the binge drinking pattern in college students: neurophysiological correlates.

Autores: López-Caneda, E; Rodríguez Holguín S; Corral, M; Doallo, S; Cadaveira, F.

Ano: 2014

Alcohol, 48, 407-418 DOI: 10.1016/j.alcohol.2014.01.009

Palabra clave: alcohol, binge drinking, adolescence, inhibitory control, response inhibition, event-related potentials

Arquivo

É ben sabido que o alcohol deteriora a inhibición de resposta e que a adolescencia é un período crítico de neuromaduración no que procesos cognitivos como o control inhibitorio están aínda desenvolvéndose. Nos anos recentes tense acumulado crecente evidencia que amosa que as negativas consecuencias do consumo intensivo de alcohol (binge drinking) no cerebro humano adolescente. Sen embargo, os efectos do cesamento do BD na función cerebral aínda están inexplorados. O obxectivo deste estudo foi examinar a actividade cerebral durante a execución e inhibición de resposta en mozos e mozas BD en relación coa progresión dos seus hábitos de consumo de alcohol ao longo do tempo. Rexistráronse os potenciais evocados (PE) provocados por unha tarefa Go/NoGo dúas veces, cun intervalo de dous anos, en 57 estudantes universitarios (25 controis, 22 BD e 10 Ex-BD) sen historia persoal ou familiar de alcoholismo ou trastornos psicopatolóxicos. Os resultados amosaron que a amplitude do componente P3-NoGo dos PE sobre a rexión frontal correlacionou cunha idade máis temperá de comezo do consumo de alcohol regular, así como con maior cantidade e velocidade do consumo de alcohol. As análises de regresión amosaron que a amplitude de P3-NoGo foi predicida significativamente pola velocidade da inxesta e a idade de inicio doconsumo. A comparación de grupos amosou que, tras manter un padrón BD de consumo durante polo menos dous anos, os suxeitos BD presentaban amplitudes de P3-NoGo significativamente maiores que os controis, mentres que os Ex-BD ocupaban unha posición intermedia entre os outros dous grupos (sen diferenzas significativas respecto de ningún deles). Estes resultados suxiren que o consumo intensivo intermitente de alcohol nos mozos pode deteriorar o funcionamento neural relacionado cos procesos inhibitorios, e que o abandono do BD pode actuar como freno do deterioro neurofisiolóxico relacionado coa inhibición de resposta.