Heavy episodic drinking and alcohol-related injuries: An open cohort study among college students.
Autores: Caamaño-Isorna, F., Moure-Rodríguez, L., Doallo, S., Corral, M., Rodriguez Holguín, S., Cadaveira, F.
Ano: 2017
Accident Analysis and Prevention 100 (2017) 23–29 DOI: 10.1016/j.aap.2016.12.012
Palabra clave: Youth, Alcohol, Cohort study, Injury, Heavy episodic drinkinga
Obxectivo: O obxectivo deste estudo é avaliar os efectos do consumo intensivo de alcohol (CIA) na incidencia das lesións relacionadas co alcohol nos universitarios españois, tendo en conta o factor sexo. Método: Levamos a cabo un estudo de cohorte aberta entre estudantes universitarios en España (992 mulleres e 371 varóns). O CIA e as lesións relacionadas co alcohol medíronse a través das preguntas 3 e 9 do AUDIT (Alcohol Use Disorder Identification Test) para cada participante aos 18, 20, 22, 24 e 27 anos de idade. Os datos analizáronse mediante un análise de regresión loxístiva multinivel para medidas repetidas, con axuste para o consumo de alcohol e cannabis. Resultados: A taxa de incidencia das lesións asociadas ao alcohol foi de 0,028 anos-1 para as mulleres e 0,036 anos-1 para os homes. A análise multivariada amosou que para as mullers a alta frecuencia de CIA e o uso de cannabis son factores de risco para as lesións relacionadas co alcohol (Odds Ratio [OR] = 2,64 e OR = 3,68, respectivamente), mentres que sueprar os 23 anos de idade é un factor protector (OR = 0,34). No caso dos hoems, a análise bivariada tamén amosou que o CIA é un factor de risco (OR = 4,69 e OR = 2,51). Por último, a fracción atribuíble á poboación para o CIA entre as mullers foi de 37,12%. Conclusións: O CIA leva a un incremento das lesións asociadas ao alcohol nos dous sexos, e superar os 23 anos de idade actúa como factor protector entre as mulleres. Os nosos resultados suxiren qeu aproximadamente un terzo das lesións relacionadas co alcohol nas mulleres poderían evitarse deixando de facer CIA.