Functional and structural brain connectivity of young binge drinkers: a follow-up study.
Autores: Correas, A., Cuesta, P., Lopez-Caneda, E., Rodriguez Holguin, S., Garcia-Moreno, L. M., Pineda-Pardo, J. A., Cadaveira, F., Maestu, F.
Ano: 2016
Scientific Reports, 6, 31293. DOI: 10.1038/srep31293
A maduración cerebral durante a adolescencia caracterízase por cambios xerárquicos nas redes estruturais e funcionais. Por esta razón, o cerebro dos mozos é particularmente vulnerable aos efectos tóxicos do alcohol. Na actualidade, o consumo intensivo de alcohol é un padrón de uso desta substancia crecentemente prevalente entre os e as adolescentes. O obxectivo deste estudo é avaliar a evolucón da conectividade funcional e anatómica da Rede por Defecto en mozos con consumo intensivo de alcohol ao longo de dous anos. Adquiríuse o sinal magnetoencefalográfico (MEG) durante repouso con ollos pechados e tamén Imaxes por Tensor de Difusión (ITD) en dúas ocasións cun intervalo de dous anos en 39 estudantes universitarios (22 controis, 17 consumidores intensivos de alcohol) sen historia persoal ou familiar de alcoholismo. A comparación entre os dous grupos amosou que, tras manter este padrón de consumo de alcohol durante dous anos, os consumidores intensivos presentaan unha conectividade cerebral incrementada da RD en comparación co grupo de control. Pola súa banda, a conectividade estrutural non presentaba diferenzas nin entre os grupos nin co paso do tempo. Estes achádegos indican que un padrón de consumo intensivo de alcohol continuado se asocia con alteracións funcionais no proceso normal de maduración cerebral, mesmo antes de que haxa cambios anatómicos detectables.