O grupo de investigación en Neurociencia Afectiva e Cognitiva (NECEA) e o grupo de Epidemioloxía e Saúde Pública lanzarán esta semana o seguimento da Cohorte Compostela 2016. Ao redor de 2000 estudantes de segundo curso da USC recibirán un e-mail para continuar o seguemento do estudo centrado nos factores explicativos e nas consecuencias cognitivas, académicas e sobre o comportamento asociadas ao patrón binge drinking.
Dende o ano 2005 no que ambos grupos comenzaron o seguemento da Cohorte Compostela 2005, máis de 4500 estudantes participaron no estudo, boa parte deles colaboraron con nós ata en sete ocasións.
O grupo de investigación en Neurociencia Afectiva e Cognitiva (NECEA) e o grupo de Epidemioloxía e Saúde Pública queren manisfestar o seu máis fondo agradecemento a tódolos alumnos participantes. Sen a súa colaboración non sería posible facer ciencia. O noso máis sinceiro recoñecemento.