Ir ao contido principal

Formación

Pregraduada

Prácticum

Algúns membros do grupo ofrecen prazas para a realización do Prácticum do Grao en Psicoloxía (8 semanas de introdución á práctica profesional) ligado ás actividades desenvolvidas polo grupo, co obxecto de que os e as estudantes de último curso se familiaricen coas nosas liñas de traballo e coa actividade investigadora.

Postgraduada

Máster

Os membros do grupo participan na docencia de diversos másteres que dan acceso á formación de doutoramento nas súas liñas de investigación:

  • Máster Interuniversitario en Neurociencia (Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña)
  • Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (Universidade de Santiago de Compostela)

Doutoramento

En canto á formación de doutoramento, actualmente a dirección de teses desenvólvese no marco do Programa de Doutoramento Interuniversitario ‘Neurociencia e Psicoloxía Clínica’, organizado polas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

Postdoutoral

O grupo está aberto á recepción de doutores/as que desexen complementar a súa formación no noso laboratorio a través de estadías breves de investigación.