Ir ao contido principal
Ver todos os proxectos

Estado neurocognitivo tras la recuperación de la COVID-19

  • Comezo: 17/11/2020
  • Fin: 31/12/2021
  • Proxecto pechado

Fondos: AXUDAS DO PROGRAMA TRASLACIONA COVID-19. ACIS. Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia

Liñas de investigación: consecuencias neuropsicológicas de la COVID-19

Proxecto doutra Universidade

Antecedentes: o SARS-CoV-2 é un coronavirus con alta capacidade patóxena e infecciosa, pero con menor letalidade que outros. Hai que comezar a prestarlle atención
ás posibles secuelas dado o elevado número de sobreviventes. Con base na evidencia dispoñible, o neurotropismo do SARS-CoV-2 pode ser similar ou
incluso superior ao demostrado anteriormente por outros coronavirus. Informouse de afectación neurolóxica tanto en estudos de caso como en series retrospectivas. A información sobre os efectos da gripe A, o SARS ou o MERS amosan como queixas comúns das persoas recuperadas dificultades de concentración e memoria.Obxectivos: determinar a incidencia de alteracións cognitivas en pacientes adultos recuperados do COVID-19; identificar os factores de risco; e descrebir o perfil neurocognitivo a medio prazo. Método: estudo de cohorte ambispectivo en adultos aos que se lles diagnosticou COVID-19 e foron hospitalizados, atendendo á sintomatoloxía neurolóxica. O período de seguimento será de 6 meses. Avaliarase o estado cognitivo xeral, a atención / velocidade de procesamento, a memoria e a fatiga.