Fernando Cadaveira, abriu as XI Xornadas sobre Alcoholismo que celebrou a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía (AREVA), en Vilagarcía, cun relatorio sobre os efectos que o consumo intensivo de alcol ten sobre o cerebro en adolescentes e mozos.
Novas
Cohorte Compostela 2016: Esta semana máis de 2000 estudantes de segundo curso da USC recibirán un e-mail no marco do seguimento do estudo de alcohol.
O grupo de investigación en Neurociencia Afectiva e Cognitiva (NECEA) e o grupo de Epidemioloxía e Saúde Pública lanzarán esta semana o seguimento da Cohorte Compostela 2016. Ao redor de 2000 estudantes de segundo curso da USC recibirán un e-mail para continuar o seguemento do estudo centrado nos factores explicativos e nas consecuencias cognitivas, académicas […]
Habilidades relevantes para a investigación en Neurociencia en California: reflexións dunha experiencia posdoutoral (decembro, 2017)
Nayara Mota, investigadora postdoctoral do Center for Imaging of Neurodegenerative Disorders (University of California at San Francisco, San Francisco Veterans Affairs Medical Center) compartíu con nós a súa experiencia no campo da investigación en neurociencia en California durante a reunión mensual do equipo NECEA.
NECEA participa no 16º Congreso da European Society for Biomedical Research on Alcoholism (ESBRA)
Carina Carbia presentou os resultados neuropsicolóxicos da liña de investigación en binge drinking adolescente na mesa New insights into adolescent binge drinking:Preclinical and clinical studies (Chairs: Consuelo Guerri, Spain,Rosana Camarini, Brasil) e Lucía Moure os resultados epidemiolóxicos na mesa de comunicacións en Epidemioloxía e Psicosocial (Chairs: Sonya Toteva, Bulgaria / Marcin Wojnar, Poland).
Premio da Sociedad Española de Epidemiología ao póster Prevalence of alcohol risk consumption among university students in counsels and access to alcohol
Fátima Mori-Gamarra ven de recibir un premio na XXXV Reunión Científica de la Sociedad Española de Epidemiología celebrada en Barcelona polo seu traballo Prevalence of alcohol risk consumption among university students in counsels and Access to alcohol.
Minicampus científico: “Neurociencia: o cerebro construtor da realidade”
O 25 de xaneiro e o 8 de febreiro escolares de 5º e 6º de primaria do Colexio Pio XII participaron no minicampus científico sobre neurociencia. Trátase dunha iniciativa da ANPA “A ferradura” para aproximar a ciencia aos nenos coa colaboración dos grupos de investigación da USC. A actividade tratou de indagar en cuestións como: […]
Gaceta Sanitaria fai un video sobre o artigo “Consumo intensivo de alcohol y cannabis y prácticas sexuales de riesgo en estudiantes universitarios”.
A revista Gaceta Sanitaria, na súa liña de dar maior visibilidade aos resultados de investigación publicados na revista, seleccionou o artigo “Consumo intensivo de alcohol y cannabis y prácticas sexuales de riesgo en estudiantes universitarios” do que son coautores os investigadores Lucía Rodriguez-Moure, Sonia Doallo, Pablo Juan-Salvadores, Montserrat Corral; Fernado Cadaveira, e Francisco Caamaño Isorna. […]
Nova financiación do Ministerio de Economia y Competitividad e dos Fondos FEDER para a liña sobre consumo intensivo de alcohol en xente moza
O proxecto de investigación “Consumo intensivo de alcohol: caracterización de una nueva trayectoria hacia el alcoholismo” do que é investigador principal Fernando Cadaveira Mahía, recibiu unha nova financiación do MINECO e Fondos FEDER que permite completar o estudo de seguemento previsto para catro anos. Con esta investigación pretendese aumentar o noso coñecemento sobre esta nova […]
Premio Francesc Freixa Santfeliú a un dos pósters presentados nas XLIII Xornadas Nacionais de Socidrogalcohol
O póster ‘Diferenzas na actividade electrofisiolóxica frontal en mozos consumidores intensivos de alcohol durante a fase temperá da codificación en memoria de palabras novas’ presentado por Rocío Folgueira nas XLIII Xornadas Nacionais de Socidrogalcohol (Alacant, 10-12 de marzo de 2016) foi recoñecido co Premio Dr. Francesc Freixa Santfeliú, un dos catro galardóns que a organización […]