NECEA participou, coa presencia de Rocío Folgueira, doutoranda do grupo, nas XLIII Xornadas Nacionais de Socidrogalcohol celebradas entre o 10 e o 12 de marzo de 2016 en Alacant. Este foro reúne anualmente a investigadores e profesionais do campo do alcoholismo e as toxicomanías. O noso grupo achegou tres pósters sobre a investigación desenvolvida na […]
Novas
Financiación do Plan Nacional sobre Drogas e do Fondo de Investigación Sanitaria para a liña de investigación sobre consumo intensivo de alcohol
O Miniserio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, mediante a convocatoria de axudas económicas para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre drogodependencias no ano 2015, financia o proxecto “Consumo intensivo de alcohol: caracterización de una nueva trayectoria hacia el alcoholismo” do queé investigador principal Fernando Cadaveira Mahía. O Ministerio de Economía y Competitividad, mediante […]
Fernando Cadaveira participa na 5ª Xornada sobre neuropsicoloxía e rehabilitación neurocognitiva en drogodependencias do PLDA de Vigo
20/11/2015 Conferencia: Anomalías estructurais e funcionais na corteza prefrontal de mozos con consumo intensivo de alcohol. Fernando Cadaveira Mahía.
Carina Carbia, premio nacional fin de carreira
Carina Carbia, investigadora predoutoral do grupo NECEA, obtivo o segundo premio nacional fin de carreira na área de Ciencias Sociais e Xurídicas, do curso académico 2011-2012 (BOE 279, 21 de noviembre de 2015).
Premio ao mellor artigo orixinal publicado en Gaceta Sanitaria no 2014
O traballo titulado “Heavy drinking and alcohol-related injuries in college students”, do que son autores Lucía Moure, Francisco Caamaño, Sonia Doallo, Pablo Juan Salvadores, Montserrat Corral, Socorro Rodríguez e Fernado Cadaveira ven de recibir o XXV Premio ao mellor artigo orixinal publicado en Gaceta Sanitaria no ano 2014.
Participación no 15th ESBRA Congress
Entre o 12 e o 15 de setembro terá lugar en Valencia o 15º Congreso da European Society for Biomedical Research on Alcoholism (ESBRA), no que o grupo NECEA presentará diversas comunicacións.
II Congreso Iberoamericano de Epidemiología y Salud Pública
O grupo NECEA participa, con varias comunicacións, no II Congreso Iberoamericano de Epidemiología y Salud Pública (XXIII Reunión Científica da Sociedad Española de Epidemiología y X Congresso da Associaçao Portuguesa de Epidemiologia) que se celebra en Santiago de Compostela os días 2 a 4 de setembro de 2015.