Ir ao contido principal

Novas

XI Xornada de Xóvenes Investigadores en Neurociencia, Vigo, 22 de xullo de 2015

10 Xuño, 2015

O próximo 22 de Xullo celebraranse en Vigo as XI Xornadas para Xóvenes Investigadores en Neurociencia organizadas ao abeiro do Máster Universitario en Neurociencia. Esta xuntanza anual está aberta á participación de todas aquelas persoas que traballan no ámbito da neurociencia, sendo unha boa oportunidade tanto para presentar o traballo que cada quen está desenvolvendo […]

Xornadas Socidrogalcohol 2014

7 Abril, 2014

O grupo NECEA vén de recibir un dos catro premios ás comunicacións presentadas nas XLI Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol (Sevilla, 3-5 de abril de 2014) polo traballo ‘Alteracións estruturais no córtex prefrontal dorsolateral en mozos/as con consumo intensivo de alcohol’. Noraboa a Sonia Doallo, autora principal do traballo, e a Fernando Cadaveira pola súa presentación.

Próximas participacións en congresos

21 Febreiro, 2013

O vindeiro 10 de setembro presentamos unha comunicación convidada no Symposium “Binge drinking in youths: are induced neuro-cognitive impairments a first step towards alcohol dependence?”, no 14th Congress of the European Society for Biomedical Research on Alcoholism, en Varsovia (Polonia).