NECEA participou, coa presencia de Rocío Folgueira, doutoranda do grupo, nas XLIII Xornadas Nacionais de Socidrogalcohol celebradas entre o 10 e o 12 de marzo de 2016 en Alacant. Este foro reúne anualmente a investigadores e profesionais do campo do alcoholismo e as toxicomanías. O noso grupo achegou tres pósters sobre a investigación desenvolvida na USC arredor do Consumo Intensivo de Alcohol en mozos e mozas, e dous traballos derivados do proxecto coordinado coa UCM.