Ir ao contido principal

Amenedo Losada, Elena

Profesora titular de universidade

elena.amenedo@usc.es

Posto actual

Profesora Titular de Psicobioloxía no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Responsable da liña  de Avellentamento dentro do grupo de investigación de Neurociencia Cognitiva e Afectiva.

Intereses científicos

A miña actividade investigadora nos primeiros anos orientouse cara o estudio dos correlatos psicofisiolóxicos dos procesos cognitivos e dos seus cambios durante o  avellentamento (1989-1998) e posteriormente centrouse nos procesos de atención visual. Nos últimos anos dirixo duas liñas de investigación, unha sobre os correlatos neurocognitivos das relacións entre procesos de atención e de resposta en mostras de adultos xóvenes e de anciáns sans, e outra sobre estado nutricional e neurocognitivo en ancians da rede de residencias públicas da Xunta de Galicia. A investigación lévase a cabo empregando, esencialmente, rexistros de actividade electroencefalográfica (EEG) durante a realización de tarefas que activan procesos de atención visual e de compatibilidade espacial estímulo-resposta (E-R) e a análise de medidas derivadas da mesma (potenciais evocados, e análises de tempo-frecuencia), así como dos datos de execución condutual. Ademáis, complementariamente, realízanse rexistros magnetoencefalográficos (MEG) cos deseños experimentais e protocolos nos que se obteñen resultados máis importantes sobre todo no relativo ao estudio de poboacións de idade avanzada. Para ambos tipos de datos derivados da actividade cerebral, o obxectivo transversal é a estimación das fontes de activación neural e os seus cambios na vellez. Por útlimo, as medidas neurofisiolóxicas compleméntanse con avaliación neuropsicolóxica.

Nota curricular

A miña actividade docente desenvolvese esencialmente na Licenciatura e no Grao en Psicoloxía da USC, e en dous Másteres Oficiais Interuniversitarios (Neurociencia e  Psicoxerontoloxía). No relativo á xestión académica, fun secretaria do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Coordenadora da área de Psicobioloxía, membro da Comisión de Docencia da Facultade de Psicoloxía da USC, e membro da Comisión de Premios Extraordinarios de Licenciatura e de Doutoramento. Por último, no referente a postos de xestión de I+D de ámbito nacional, fun adxunta para a área de Psicobioloxía no Equipo de Coordenación de Psicoloxía da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) durante o trienio 2009-2012.

Publicacións