Ir ao contido principal

Caamaño Isorna, Francisco

Prof. Titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública. Universidade de Santiago de Compostela.

francisco.caamano@usc.es

Posto actual

Profesor Titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública. Universidade de Santiago de Compostela.

Director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina.

Focos de interese científicos

A actividade investigadora de Francisco Caamaño centrouse no campo da Farmacoepidemioloxía, así como no campo do Consumo de Alcohol en xóvenes. En relación coa primeira liña, a investigación orientase principalmente cara ao estudo dos factores asociados á prescrición e á dispensación de medicamentos. En canto á segunda liña, os estudos diríxense a identificar os factores explicativos dos consumo intensivo de alcohol en universitarios, e as súas consecuencias tanto sobre o consumo de alcohol na idade adulta así como sobre a integración social do suxeitos. Os seus artigos publícanse nas principais revistas do seu campo investigador.

Breve nota curricular

Máster en Diseño y Estatísticas para as Ciencias de la Salud (Universitat Autónoma de Barcelona); Doutor en Farmacia e Máster en Avaliación de Tecnoloxías en Sanitarias (Universidade de Santiago de Compostela). A súa actividade docente e investigadora desenvolveuse na USC, na Organización Pan-Americana de Salud (OMS) en Bos Aires, no Policlínico Universitario Agostino Gemelli en Roma, e na Virginia Commonwealth University en Richmond, USA.  Desenvolveu proxectos en colaboración con ONGs, asociacións profesionais, empresas tecnolóxicas e coa industria farmacéutica.

Publicacións