Ir ao contido principal

Cadaveira Mahía, Fernando

Catedrático de universidade

fernando.cadaveira@usc.es

Posto actual

Catedrático de Psicobioloxía no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Intereses científicos

A miña actividade investigadora nos primeiros anos orientouse cara os efectos neurofuncionais do consumo crónico de alcohol (1984/1990) e cara a identificación de marcadores de risco en nenos procedentes de familias con alta densidade de alcoholismo (1991-2000). Nos últimos anos dirixín a liña de investigación sobre consecuencias neurocognitivas do consumo intensivo de alcohol en fin de semana en xoves empregando, esencialmente, rexistros de potenciais evocados e avaliación neuropsicolóxica. Tamén son liñas de interese compartido con outros membros do grupo a caracterización electrofisiolóxica de procesos de atención visual e a súa aplicación ao estudo do avellentamento.

Nota curricular

Licenciado e Doutor  en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía) pola Universidade de Santiago de Compostela, despois dunha etapa como bolseiro predoutoral, desempeñei dende 1984 distintos postos como profesor, todos no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, sendo dende 2012 Catedrático de Psicobioloxía. A miña actividade docente desenvolveuse esencialmente na Licenciatura en Psicoloxía da Universidade de Santiago (Neurociencia Condutual) e máis recentemente tamén no Máster de Neurociencias (Neurociencia Cognitiva). Ao longo destes anos desempeñei distintos cargos académicos, entre eles vicerreitor de Organización Académica, decano da Facultade de Psicoloxía e director do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía. Tamén fun presidente da Sociedade Española de Neurociencia Cognitiva e Afectiva e Coordinador da Rede Temática de Neurociencia Congitiva.

Publicacións