
Posto actual
Profesora titular de Psicobioloxía no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Intereses científicos
A miña actividade investigadora desenvólvese en torno a dúas liñas: os factores de risco e consecuencias neuropsicolóxicas do consumo de alcohol e o efecto protector da reserva cognitiva nas consecuencias neuropsicolóxicas do dano cerebral. A raíz da pandemia da COVID-19 iniciei, xunto con investigadores das áreas de Medicina Preventiva e Neuroloxía, unha nova liña sobre os efectos neuropsicolóxicos asociados á infección por SARS-CoV-2. En relación coa liña de alcohol, actualmente investigo o papel do patrón de consumo intensivo de alcohol durante a adolescencia no desenvolvemento de trastornos por uso de alcohol na idade adulta e as consecuencias neuropsicolóxias asociadas. Interésame especialmente a afectación da memoria declarativa e o procesamento emocional, así como o sesgo atencional aos estímulos relacionados co alcohol. En relación coa COVID-19, participo nun estudio lonxitudinal sobre as posbiles secuelas neuropsicolóxicas nas persoas que necesitaron hospitalización.
Nota curricular
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1992. Cursei un Máster en Drogodependencias e posteriormente doutoreime en Psicoloxía na mesma universidade. Logo dunha breve etapa como bolseira postdoctoral, iniciei a miña carreira académica como axudante en 1998, obtendo en 2008 o posto de profesora titular de universidade da área de Psicobioloxía. Ademais da actividade desenvolvida na USC realicei estadías de investigación na Universitat de Barcelona, a Universidade de Murcia, a Universidade da Laguna e a Universidade Autónoma de Madrid. A miña actividade docente centrouse na neuropsicoloxía tanto no nivel de grado/licenciatura, como no posgrao (Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, Máster en Neuropsicoloxía Clínica), e o doutoramento (Neurociencias, Psicoloxía clínica e Psicobioloxía). No relativo á xestión académica, teño desempañado o posto de secretaria da Facultade de Psicoloxía. Por último, con respecto ao ámbito profesional, actualmente ocupo a Secretaría da Sociedade Galega de Neuropsicoloxía.
Publicacións
-
Características neuroestructurales y neurofuncionales predicen el mantenimiento del consumo intensivo de alcohol en la adultez emergente: un estudio de seguimiento de 5 años.
- Ano: 2024
- 6th International Congress - 51ª Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol. Valencia (España), 26-28 de setembro
-
Influencia de la estimulación cognitiva en la neurorreparación tras el ictus isquémico
- Ano: 2012
-
Modulación de la conectividad funcional durante la inhibición de respuesta ante estímulos alcohólicos en jóvenes binge drinkers
- Ano: 2021
- XII Congreso de la Sociedad Española de Psicofisiología y Neurociencia Cognitiva y Afectiva.
-
Efectos de la persistencia del binge drinking sobre la conectividad funcional en estado de reposo de jóvenes universitarios
- Ano: 2021
- XII Congreso de la Sociedad Española de Psicofisiología y Neurociencia Cognitiva y Afectiva.
-
Efectos de la persistencia del binge drinking sobre la estructura cerebral de jóvenes universitarios
- Ano: 2021
- 3rd International Congress – XLVIII Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol