
Posto actual
Profesora Titular no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Intereses científicos
O meu principal interese é a interacción entre procesos cognitivos e procesos emocionais e motivacionais. Actualmente a miña actividade investigadora céntrase no estudo dos mecanismos neurais que median a interacción entre atención, memoria e motivación, empregando rexistros de potenciais evocados (PEs) e imaxe por resonancia magnética funcional (IRMf). O meu interese principal diríxese particularmente a coñecer os mecanismos neurais que median a influencia do valor motivacional da información, definido polo seu valor de recompensa (positivo ou negativo), sobre os procesos de orientación da atención guiados pola información na memoria a longo prazo. Así mesmo, actualmente investigo os efectos dun consumo intensivo de alcohol (binge drinking) sobre a memoria declarativa e as funcións executivas en poboacións non-clínicas de xoves. En relación con esta liña, o meu interese diríxese principalmente a examinar, mediante imaxe por resonancia magnética (IRM) e técnicas morfométricas (voxel-based morphometry), as potenciais anomalías estruturais asociadas ao patrón binge drinking que poidan ser postas en relación co funcionamento neurocognitivo.
Nota curricular
Licenciada (1998) e doutora (2006) en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), cunha tese dirixida por Fernando Cadaveira e Socorro Rodríguez Holguín e financiada por unha bolsa predoutoral (FPU) do Ministerio de Educación e Ciencia. Durante a miña formación predoutoral, realicei unha breve estadía de investigación no Center for Mind and Brain dirixido por George R. Mangun na University of California, Davis. Tras doutorarme, realicei unha estadía postdoutoral de dous anos (2007-2009) no Brain & Cognition Lab dirixido por Anna Christina (Kia) Nobre no Department of Experimental Psychology (University of Oxford), financiada polo Ministerio de Educación e Ciencia e a Fundación Española para la Ciencia e la Tecnología (FECYT). Do 2010 a 2014 fun Investigadora do Programa Isidro Parga Pondal (Xunta de Galicia) na USC. En 2012, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia) concedeume un Proxecto para Investigadores Emerxentes de tres anos de duración para investigar as bases neurais da interacción entre atención, memoria e motivación, en colaboración con Kia Nobre (University of Oxford). Actualmente son Profesora Contratada Doutora no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC. A miña actividade docente desenvolveuse esencialmente na Licenciatura e no Grao en Psicoloxía da USC (Materias: Neuropsicoloxía; Fundamentos de Psicobioloxía; Neurociencia Condutual; Neurociencia Cognitiva) e, máis recentemente, no Máster Interuniversitario de Neurociencias das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña (Materia: Neurociencia Comportamental).
Publicacións
-
Características neuroestructurales y neurofuncionales predicen el mantenimiento del consumo intensivo de alcohol en la adultez emergente: un estudio de seguimiento de 5 años.
- Ano: 2024
- 6th International Congress - 51ª Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol. Valencia (España), 26-28 de setembro
-
Similar efects of past rewards and punishment avoidances on long-term memory attentional orienting
- Ano: 2024
- ESCAN, 2024 (European Society for Cognitive and Affective Neuroscience). Gante (Bélxica), 22-25 de maio
-
Potential neurostructural predictors of binge drinking/alcohol use in emerging adulthood: a 5-year follow-up study
- Ano: 2024
- ESCAN, 2024 (European Society for Cognitive and Affective Neuroscience). Gante (Bélxica), 22-25 de maio
-
Influence of binge drinking on the resting state functional connectivity of university Students: A follow-up study
- Ano: 2025
- Addictive Behaviors Reports
-
Modulación de la conectividad funcional durante la inhibición de respuesta ante estímulos alcohólicos en jóvenes binge drinkers
- Ano: 2021
- XII Congreso de la Sociedad Española de Psicofisiología y Neurociencia Cognitiva y Afectiva.