Ir ao contido principal

López Caneda, Eduardo

Colaboradores externos

eduardo.lopez@usc.es

Posto actual

Contratado posdoutoral de investigador na Universidade do Minho

Intereses científicos

A miña actividade investigadora céntrase, na actualidade, no estudo das consecuencias neurocognitivas do consumo intensivo de alcohol (binge drinking) en xoves e adolescentes por medio de diferentes técnicas: electroencefalografía/potenciais evocados, magnetoencéfalografía, test neuropsicolóxicos, etc.

Nota curricular

Licenciado en Psicoloxía, coa Orientación en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela en Xullo de 2008. Bolseiro de colaboración durante o curso 2007/08. No período 2008-2010 cursei o Máster Interuniversitario en Neurociencia, pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade de A Coruña. Bolseiro de Posgrao da Xunta de Galicia durante o curso 2008/09. En 2009 concedéronme a bolsa de Formación de Persoal Universitario (FPU) para o período 2009-2013. �? longo desta etapa, desempeñei actividades como docente, en calidade de docencia práctica tutelada, para as materias Neurociencia Condutual, Neurociencia Cognitiva, Fundamentos Biolóxicos da Conduta e Farmacoloxía do Comportamento. A súa vez, compaxinei a actividade docente coa investigadora, con diversas publicacións científicas e comunicacións en congresos de ámbito nacional e internacional. Doutor en Neurociencia desde outubro de 2014. Na actualidade investigador do Laboratorio de Neuropsicofisiología da Universidade do Minho. Braga (Portugal).

Publicacións