Ir ao contido principal

Pazo Álvarez, Paula

Profesora Titular de Universidade

paula.pazo@usc.es

Posto actual

Profesora Titular de Psicobioloxía no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía  da Universidade de Santiago de CompostelaIntereses científicos

Estudo de procesos cognitivos básicos, concretamente o estudo dos correlatos psicofisiolóxicos (EEG/ERP, MEG) asociados a procesos de memoria e detección automática de cambios no sistema visual.

Nota curricular

En 1998, licencieime en Psicoloxía, na opción especializada de Psicoloxía Clínica, pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1999, fun subvencionada pola Fundación Pedro Barrié da Maza, e realicei unha estanza de investigación predoutoral na Universidade de Maastricht (Holanda) na que tiven a oportunidade de traballar por primeira vez no ámbito da psicofisioloxía. Realicei a tese de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o doutorado, con premio extraordinario, en 2004. Posteriormente realicei unha estadía Postdoutoral no centro de Magnetoencefalografía (MEG) da Universidade Complutense de Madrid no que tiven a oportunidade de formarme na adquisición e análise de datos MEG. Tras esta estadía recibín unha oferta de contrato postdoutoral para traballar no Departamento de Neurocirurxía no Houston Health Science Center en Texas (EUA) para colaborar en proxectos de investigación en procesos como a linguaxe e a memoria empregando MEG. Posteriormente, tiven a oportunidade de reincorporarme no ano 2006 á Universidade de Santiago de Compostela como investigadora a través do programa autonómico competitivo de captación de investigadores postdoutorais Isidro Parga Pondal, no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía. No ano 2008 obtiven un contrato como Axudante Doutor LOU, e actualmente son Profesora Contratada Doutora, no que ademais de realizar labores docentes, continúo o meu labor investigador entre as que se inclúen a dirección teses de doutoramento, proxectos fin de Máster e participación e dirección de proxectos nacionais e autonómicos (respectivamente). A miña actividade docente desenvólvese esencialmente na Licenciatura e Grao de Psicoloxía da Universidade de Santiago e tamén no Máster Interuniversitario en Neurociencias (http://www.usc.es/neurosci/). As materias nas que participo/ei como docente abordan dende diferentes perspectivas as bases biolóxicas de diversos procesos cognitivos e/ou condutas; sendo estas “Fundamentos de Psicobioloxía”, “Neuropsicoloxía”, “Neurociencia conductual” (tanto en Grao coma en Máster), “Neurociencia Cognitiva”, e “Bases biolóxicas da Atención, Motivación e Condicionamento”. Tamén superviso diversos estudantes nas actividades realizadas no marco do “Prácticum de Investigación” ofertado pola Facultade de Psicoloxía e impartín docencia no Terceiro Ciclo dentro do Programa de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía.

Publicacións