
Posto actual
Profesora Titular de Universidade no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Universidade de Santigo de Compostela (USC). Desde 2025, coordinadora do grupo NECEA
Intereses científicos
A miña principal área de interese é o estudo dos marcardores neurocognitivos de risco para condicións psicopatolóxicas, mediante o rexistro da actividade eléctrica cerebral (EEG/potenciais evocados) durante a excución de tarefas de atención, de memoria e executivas, e en relación con outras medidas, como as de rendemento neuropsicolóxico e de neuroimaxe. Nas últimas décadas estiven centrada nas consecuencias neurocognitivas do consumo intensivo de alcohol en estudantes universitarios, como vía de risco cara ao alcoholismo. Desde 2025, estamos a iniciar unha nova liña enfocada ao risco á depresión e á ansiedade neste sector da poboación.
Nota curricular
Licenciada (1990) e doutora (1996) en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. A miña carreira académica desenvolveuse nesta universidade, con breves estadías noutras institucións (Laboratorio de Neurodinámica, Centro de Ciencias da Saúde de Brooklyn, Universidade do Estado de New York -SUNY HSCB- en 1997; Departamento de Psicoloxía Biolóxica e da Saúde da Universidade Autónoma de Madrid -UAM- en 1998). A miña actividade investigadora estivo sempre centrada no estudo da actividade cerebral asociada con procesos cognitivos. Inicialmente estiven interesada no estudo de nenos e adolescentes con risco familiar ao alcoholismo (1992-2000); logo derivei cara ao estudo dos procesos atencionais en poboación xeral xove (2001-2006) e posteriormente retornei ao interese polas poboacións especiais, agora centrada en mozos e mozas con consumo intensivo de alcohol. Esta actividade investigadora vense realizando sempre no marco de proxectos de investigación financiados por axudas públicas competitivas. En relación coa actividade docente, desde 1994 veño impartindo clases (Psicofisioloxía, Neurociencia Cognitiva) na titulación de Psicoloxía (licenciatura e grao) e tamén en másteres (Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Neurociencia) e programas de doutoramento. Tamén desempeñei responsabilidades de xestión académica no Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, na Facultade de Psicoloxía e, máis recentemente, no Instituto de Psicoloxía da USC (IPsiUS).
Publicacións
-
Características neuroestructurales y neurofuncionales predicen el mantenimiento del consumo intensivo de alcohol en la adultez emergente: un estudio de seguimiento de 5 años.
- Ano: 2024
- 6th International Congress - 51ª Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol. Valencia (España), 26-28 de setembro
-
Similar efects of past rewards and punishment avoidances on long-term memory attentional orienting
- Ano: 2024
- ESCAN, 2024 (European Society for Cognitive and Affective Neuroscience). Gante (Bélxica), 22-25 de maio
-
Potential neurostructural predictors of binge drinking/alcohol use in emerging adulthood: a 5-year follow-up study
- Ano: 2024
- ESCAN, 2024 (European Society for Cognitive and Affective Neuroscience). Gante (Bélxica), 22-25 de maio
-
Influence of binge drinking on the resting state functional connectivity of university Students: A follow-up study
- Ano: 2025
- Addictive Behaviors Reports
-
Neurocognitive function in recreational ketamine: A scoping review
- Ano: 2024
- Health and addictions: salud y drogas