Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Anomalías electrofisiológicas en memoria episódica asociadas al consumo intensivo de alcohol en jóvenes universitarios

Autores: Folgueira Ares, Rocio

Ano: 2020

Palabra clave: Consumo intensivo de alcohol, memoria episódica, codificación en memoria, recuperación en memoria, potenciais evocados

URL: https://www.educacion.gob.es/teseo/mostrarRef.do?ref=1833264

O consumo intensivo de alcohol (CIA) é un padrón de consumo intermitente, en forma de
enchente que se concentra en sesións de poucas horas, cunha alta prevalencia entre mozos e
adolescentes. O CIA mostrou ser máis prexudicial nun cerebro adolescente que nun adulto, pois este
aínda se atopa en pleno desenvolvemento e é máis vulnerable aos efectos neurotóxicos do alcohol.
Este traballo tivo como obxectivo valorar as posibles anomalías electrofisiolóxicas en memoria
declarativa episódica, durante os procesos de codificación e de recuperación, en mozos universitarios
(18 anos) cun padrón CIA, de forma transversal e lonxitudinal (2 anos despois da 1ª avaliación). Ata a
data ningún estudo abordou os subprocesos de memoria episódica mediante a técnica dos potenciais
evocados (PEs) con máis dunha avaliación.
Levouse ao cabo un rexistro de PEs durante a realización de dúas tarefas de memoria episódica:
Tarefa de Memoria Lingüística e Tarefa de Memoria Caras-Nomes. Os suxeitos debían memorizar
pares de ítems (palabra-palabra vs. cara-nome) para posteriormente, ante a presentación dun dos
membros do par (palabra vs. cara) recordar o ítem asociado.
Os resultados amosaron anomalías electrofisiolóxicas nalgúns dos compoñentes dos PEs
asociados ao proceso de codificación en memoria de pares caras-nomes e pares de palabras, así como
en compoñentes temperás relacionados coa percepción de rostros. En canto ao proceso de
recuperación en memoria, detectáronse anomalías durante a recuperación de pares de palabras,
manifestándose nalgúns dos compoñentes un padrón de afectación diferente entre homes e mulleres
cun consumo intensivo. Algunhas destas anomalías detectadas durante os procesos de codificación e
recuperación de pares de palabras mantivéronse dous anos despois tras a persistencia do padrón CIA;
outras non se viron confirmadas.