Attentional load affects automatic emotional processing: evidence from event-related potentials.
Autores: Doallo, S.; Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F.
Ano: 2006
Neuroreport, 17, 1797-1801. DOI: 10.1097/01.wnr.0000246325.51191.39
Palabra clave: Attention, Emotion, Event-related potentials, International Afective Pictures System, Load, P200
No relativo á relación entre atención e emoción, unha cuestión aberta ten que ver co procesamento automático dos estímulos viusais emocionais que aparecen fóra do foco da atención. Este estudo examina en qué medida o procesamento emocional en localizacións non atendidas se ve modulado pola carga de procesamento nas localizacións atendidas. Medíronse os potenciais evocados ante fotografías irrelevantes para a tarefa, desagradables e neutras, presentadas en localizacións periféricas mentres os participantes realizaban unha tarefa visual central que variaba na carga atencional (baixa e alta). As fotografías desagradables provocaron amplitudes de N1-P2 maiores que as neutras nas localizacións parietooccipital e occipital. Este efecto só foi significativo na condición de baixa carga atencional. Os datos suxiren que as respostas cerebrais ao valor afectivo de imaxes periféricas irrelevantes para a tarefa resultan moduladas pola carga atencional no foco.