Binge Drinking Affects Attentional and Visual Working Memory Processing in Young University Students
Autores: Crego, A.; Rodríguez Holguín, S.; Parada, M.; Mota, N.; Corral, M.; Cadaveira, F.
Ano: 2009
Alcoholism-Clinical and Experimental Research, 33, 1870-1879. DOI: 10.1111/j.1530-0277.2009.01025.x
Palabra clave: Event-related potentials (ERPs), Binge drinking, University students, Working memory, Attention
Contexto: O consumo intensivo de alcohol (CIA) polo xeral implica a inxesta de grandes cantidades nun período curto de tempo, seguido dun período de abstinencia, e é común entre a xente nova, especialmente entre estudantes universitarios. Os estudos con animais demostran que este tipo de consumo de alcohol causa dano cerebral, especialmente no cerebro inmaduro. O obxectivo deste estudo foi determinar se o CIA afecta ao funcionamento cerebral en homes e mulleres estudantes universitarios, durante a execucón dunha tarefa de memoria de traballo visual. Método: Rexistráronse os potenciais evocados (PE) desde 32 electrodos en 95 universitarios de primeiro curso (18-20 anos de idade), dos que 42 eran consumidores intensivos de alcohol (CIA) e 53 eran controis, nunha tarefa de execución continua visual ‘de pares idénticos’. Utilizouse a análise de compoñentes principais para identificar e analizar os compoñentes N2 (onda negativa relacionada cos procesos atencionais con latencia no canto dos 200-300 ms) e P3 (onda positiva relacionada con procesos de memoria de traballo con latencia arredor dos 300-600 ms). Resultados: Na condición de emparellamento, o compoñente N2 rexistrado en rexións central e parietal foi significativamente maior no grupo BD que no control. No grupo control, o compoñente P3 foi maior na condición de emparellamento que na de desparellamento nas rexións frontal, central e parietal, mentres que o grupo BD non presentou diferenzas significativas entre as condicións en ningunha rexión. Conclusións: Os resultados deste estudo confirmaron a presenza de diferenzas electrofisiolóxicas entre mozos universitarios CIA e controis durante a execución dunha tarefa visual con alta carga de memoria de traballo. A N2 maior no grupo BD suxire que este grupo precisa maiores niveis de esforzo atencional para realizar a tarefa adecuadamente. A ausencia de diferenzas no compoñente P3 nas diferentes condicións (estímulo emparellado e desparellado) no grupo BD indica unha deficiencia na diferenciación electrofisiolóxica entre información relevante e irrelevante, que podería reflectir algunha deficiencia nos procesos de memoria de traballo.