Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Binge drinking and declarative memory in university students

Autores: Parada, M.; Corral, M,; Caamaño-Isorna, F,; Mota, N,; Crego, A,; Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F.

Ano: 2011

Alcoholism: Clinical and Experimental Research, 35, 1475-1484. DOI: 10.1111/j.1530-0277.2011.01484.x

Palabra clave: Binge Drinking, University Students, Episodic Declarative Memory, Hippocampus, Sex Differences

Arquivo

Contexto: O consumo intensivo de alcohol (CIA), caracterizado pola inxesta esporádica de grandes cantidades de alcohol en períodos curtos de tempo, é prevalente entre os estudantes universitarios. Os estudos con animais amosaron que o CIA se asocia con dano no hipocampo, unha rexión do cerebro que xoga un papel chave na aprendizaxe e na memoria. O córtex temporal sofre cambios estruturais e funcionais durante a adolescencia. O obxectivo deste estudo foi examinar a asociación entre CIA e memoria declarativa en estudantes universitarios, homes e mulleres. Método: Os participantes foron 211 estudantes (entre 18 e 20 anos), 62 CIA (30 mulleres) e 60 non-CIA (29 mulleres). A avaliación neuropsicolóxica incluíu o Test de aprendizaxe auditivo-verbal de Rey (RAVLT) e o Subtest de memoria lóxica da Escada de memoria de Weschler, terceira ed. (WMS-III), para avaliar memoria declarativa verbal, e o Subtest de debuxos da familia da WMS-III para medir a memoria declarativa visual. Resultados: Os estudantes CIA lembraron menos palabras da listaxe de interferencia e presentaron maior interferencia proactiva no RAVLT; desempeñáronse peor no Subtest de memoria lóxica, tanto en recordo inmediato como demorado. Non houbo diferenzas entre os grupos na execución do subtest de debuxos da familia. Non se observaron interaccións significativas entre CIA e sexo. Os resultados son consistentes cos datos que indican a vulnerabilildade do hipocampo adolescente aos efectos neurotóxicos do alcohol. Estudos lonxitudinais futuros deberán contribuír a determinar a natureza desta relación, as traxectorias de neurodesenvolvemento de cada sexo e as repercusións sobre o rendemento académico.