Consolidation of psychophysiology as a scientific discipline, 1930-1964: a historical note
Autores: Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F.
Ano: 2002
Psychophysiology, 39, 619-624. DOI: 10.1017/S0048577202394125
Palabra clave: Historical analysis, Bibliometry, Psychophysiology
O campo cuberto pola psicofisioloxía ao longo das décadas que precederon á súa constitución como unha disciplina independente non está ben documentado, malia o seu interese histórico. Un estudo bibliométrico da investigación publicada en revistas científicas por 66 dos máis relevantes psicofisiólogos entre 1930 e 1964, a través da análise dos contidos dos rexistros indexados na base de datos PsycINFO, danos unha imaxe do estado desta disciplina emerxente durante ese período. Este estudo revela que se tratou dun período de consolidación, marcado polo refinamento dos instrumentos e procedementos, a caracterización das medidas e o establecemento das relacións básicas entre variables fisiolóxicas e psicolóxicas, co desenvolvemento e validación de construtos básicos como o de activación, ou o interese no estudo das psicopatoloxías. Ao longo deses anos establecéronse os fundamentos da psicofisioloxía, o que derivou na formalización da disciplina ao final do período.