Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Consumo intensivo de alcohol y cerebro adolescente: un estudio mediante neuroimagen funcional

Autores: Suárez Suárez, Samuel

Ano: 2020

Palabra clave: Binge drinking, inhibición de resposta, resonancia magnética funcional, conectividade funcional, resting-state

URL: https://www.educacion.gob.es/teseo/mostrarRef.do?ref=1858254

O binge drinking (BD) pode definirse como un padrón de consumo intensivo e intermitente que eleva a concentración de alcohol en sangue, polo menos, ata 0,08 g/dl. Investigacións previas sinalan que este padrón de consumo pode dar lugar a alteracións neurocognitivas, neurofuncionais e neuroestruturais de diferente tipo e magnitude. Co obxectivo de profundizar na relación entre este padrón de consumo e o funcionamento cerebral de mozos e adolescentes, nesta tese seleccionouse a un grupo de estudantes universitarios para investigar, mediante resonancia magnética funcional, os correlatos neurofuncionais da inhibición de resposta, e a súa modulación ante estímulos relacionados co alcohol, durante a execución dunha tarefa Go/NoGo.
Ademais, explorouse a conectividade funcional en estado de repouso (resting- state) de diferentes redes funcionais potencialmente sensibles ao consumo intensivo de alcohol. Os resultados obtidos durante a tarefa Go/NoGo
revelaron que os binge drinkers, en comparación cos controis, presentaban unha maior actividade neural, parcialmente modulada polo contido alcohólico dos estímulos, do xiro frontal inferior extendéndose á ínsula, en ausencia de diferenzas condutuais. Asemade, observáronse padróns anómalos de conectividade funcional en resting-state en rexións que forman parte de diferentes redes funcionais (rede por defecto, rede de control executivo, rede atencional dorsal, rede de recompensa), así como en rexións frontais e parietais implicadas en procesos de control inhibitorio. Estes resultados proporcionan nova evidencia acerca da existencia de anomalías, tanto en
resting-state coma durante a inhibición de resposta, no funcionamento cerebral de mozos con padrón de consumo intensivo de alcohol.