Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Consumption of medicines, alcohol, tobacco and cannabis among Spanish university students: A two-year follow-up.

Autores: Caamaño-Isorna, F.; Mota, N.; Crego, A.; Corral, M.; Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F..

Ano: 2011

International Journal of Public Health, 56, 247-252. DOI: 10.1007/s00038-010-0204-x

Palabra clave: Pharmacoepidemiology, Alcohol, Tobacco, Cannabis, University students

Obxectivo: Determinar a prevalencia do consumo de medicamentos entre os estudantes universitarios españois e a súa asociación con consumo de alcohol, tabaco e cannabis. Método: Realizouse un seguimento a unha cohorte de universitarios españois (n = 2700). Mediante un cuestionario, medíuse o consumo de medicamentos nos 15 días previos, o consumo de risco de alcohol e o consumo de tabaco e de cannabis. Xeneráronse modelos de regresión loxística usando o consumo de medicamentos na enquisa inicial e no seguimento a dous anos como variables dependentes. Resultdos: Un modelo de regresión loxística multivariado amosou que ao comezo do estudo ser muller (OR = 1.71), vivir fóra da casa familiar (OR = 1.35) e ser fumador (OR = 1.40) estaban asociados co consumo de medicamentos. Ademáis, o modelo mostrou unha interacción significativa entre o consumo de risco de alcohol e o consumo de cannabis (OR = 2.00). O seguimento a dous anos amosou que só ser muller (OR = 1.44) e o consumo de risco de alcohol (OR = 1.36) están asociados coa variable dependente considerada. Conclusións: Os nosos resultados revelan un consumo moi alto de medicamentos entre os estudantes universitarios, nos máis dos casos sen receita médica. Probablemente, este consumo de medicinas é outra forma de policonsumo de drogas.