Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Decreased event-related theta power and phase-synchrony in young binge drinkers during target detection: An anatomically-constrained MEG approach

Autores: Correas A., López-Caneda E., Beaton L., Rodríguez Holguín S., García-Moreno LM., Antón Toro LF., Cadaveira F., Maestú F., y Marinkovic K

Ano: 2019

Journal of Psychopharmacology, 33(3), 335–346. DOI: 10.1177/0269881118805498

Palabra clave: Binge drinking, alcohol, magnetoencephalography, theta oscillations, attention

Arquivo

Contexto: A prevalencia do consumo intensivo de alcohol (CIA) é crecente. Este padrón de consumo asóciase cun abano de déficits neurocognitivos nos adolescentes e xóvenes, que son especialmente vulnerables diante do alcohol. A atención é unha dimensión esencial do funcionamento cognitivo, e as alteracións da atención poden asociarse co consumo excesivo de alcohol. O obxectivo deste estudo foi examinar a dinámica oscilatoria neural do control da atención durante unha tarefa de detección visual en adultos novos en función do CIA.
Método: Cincuenta e un estudantes de primeiro curso universitario (18+/-0,6 anos) foron asignados a un grupo de consumidores lixeiros (CL, N=26) ou a un grupo CIA (N=25), en función dos seus padróns de consumo de alcohol. Combinouse a magnetoencefalografía (MEG) de alta densidade con imaxe por resonancia magnética (IRM) nun modelo MEG restrinxido anatomicamente, para estimar a fonte de potencia evocada na banda de frecuencia theta (4-7 Hz). Estimáronse as co-oscilacións axustadas en fase entre as principais rexións activadas durante a execución da tarefa.
Resultados: Globalmente, a maior potencia theta evocada atopouse ante os estímulos ‘target’ no córtex frontal inferior dereito (CFId) e correlacionou coas puntuacións de precisión na execución e de atención. Os participantes CIA presentaron menor potencia theta e unha sincronía oscilatoria alterada ante os ‘targets’ en CFId que correlacionou cos niveis máis elevados de consumo de alcohol.
Conclusións: Estes resultados confirman que hai unha rede altamente interactiva no CFId que serve ao control da atención, e revelan a importancia das oscilacións theta e a sincronía neural para a captura da atención e o mantemento contextual. A atenuación da potencia theta e das interaccións de sincronía no grupo CIA podería indicar a presenza de estadíos temperás de procesamento integrativo subóptimo en persoas novas, altamente funcionais, con CIA.