Definición del concepto de consumo intensivo de alcohol adolescente (binge drinking)
Autores: Parada, M.; Corral, M.; Caamaño-Isorna, F.; Mota, N.; Crego, A.; Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F.
Ano: 2011
Adicciones, 23, 53-63. DOI: 10.20882/adicciones.167
Palabra clave: Binge drinking, Adolescence, College or University students, Review, Epidemiology
Obxectivos: Delimitar o concepto de consumo intensivo de alcohol adolescente (binge drinking) co fin de definir un criterio operativo do termo. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica nas bases de datos Medline e Psyclit no período 1980-2009. Mediante o filtro ‘(binge drinking OR heavy-episodic-drinking) AND (adolescence OR university-students OR college-students)’ seleccionáronse 80 artigos para a súa revisión. Resultados: Os estudos epidemiolóxicos que informaron sobre a prevalencia deste padrón de consumo amosan falla de consenso á hora de operativizar o termo. Téñense proposto distintos criterios en canto ao número de unidades de bebida estándar (UBE) consumidas por ocasión, a frecuencia dos episodios e a duración dos mesmos. Conclusións: Unha definición adecuada do padrón de consumo intensivo de alcohol debe integrar as variables cantidade e frecuencia e, ademáis, ter en conta as consecuencias negativas asociadas ao mesmo. O criterio máis comunmente aceptado pola comunidade científica internacional é o consumo de 5 ou máis UB -4 ou máis para mulleres- nunha única ocasión, polo menos unha vez nas dúas últimas semanas. Sen embargo, aspectos como as diferenzas entre países nos gramos de alcohol das UBE dificultan o establecemento dunha definición internacional do termo. Isto fai necesario adaptar este criterio ao país onde se realice o estudo.