Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Event-related potentials elicited by a visual continuous performance task in children of alcoholics.

Autores: Rodríguez Holguín, S.; Corral, M.; Cadaveira, F.

Ano: 1999

Alcohol, 19, 23-30. DOI: 10.1016/S0741-8329(99)00013-0

Palabra clave: Event-related potentials, P3, Visual continuous performance task, Children of alcoholics, Alcoholism, Familial risk

Arquivo

Rexistráronse os potenciais evocados (PE) nun grupo de nenos fillos de alcohólicos (AR; n = 17, 7 mulleres) con alta densidad de historia familiar de alcoholismo e nun grupo de control (CN; n = 19, 10 mulleres), de 7-15 anos de idade, durante unha tarefa visual de execución continua. Medíuse a amplitude de pico de P3 e a súa amplitude media en cinco ventanas de latencia (300-800 ms) en electrodos frontais (F3-Fz-F4), centrais (C3-Cz-C4) e parietais (P3-Pz-P4). Os datos analizáronse mediante un ANCOVA de modelo mixto, Grupo de riesgo por Tipo de estímulo (coincidente vs. non-coincidente) por Electrodo, coa idade como covariable, para cada rexión cranial. As interaccións Grupo de risco por Tipo de estímulo foron significativas na rexión parietal para a amplitude de pico de P3 e para a amplitude media na ventana de 300-400 ms, aínda que non houbo efectos principais do Grupo de risco. O grupo AR presentou menor diferenza entre a amplitude das condicións coincidente e non-coincidente que o grupo CN. Estes resultados suxiren unha diferenciación electrofisiolóxica entre a información relevante e a irrelevante deficiente, e discútense en relación con estudos previos e coas características da mostra.