Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Event-related potentials elicited by infrequent non-target stimuli in Young children of alcoholics: family history and gender differences.

Autores: Rodríguez Holguín, S.; Corral, M.; Cadaveira, F.

Ano: 1998

Alcohol and Alcoholism, 33, 281-290. DOI: 10.1093/oxfordjournals.alcalc.a008392

Palabra clave: Event-Related Potentials (ERPs), P3 (P300), Nc, Alcoholism, High Risk, Children of Alcoholics, Gender Differences

Arquivo

Neste traballo analízanse os potenciais evocados (PE) visuais e auditivos provocados por estímulos infrecuentes non relevantes (non-target) en nenos e nenas con pai alcohólico. O seu obxectivo foi estudar as características das ondas dos PE xeradas por estímulos que captura a atención en nenos en risco para o alcoholismo, e valorar o efecto de factores relativos á mostra que poden modular esas características, nomeadamente a historia familiar de alcoholismo e o sexo. Non houbo diferenzas relacionadas co risco familiar ao alcoholismo nos PE auditivos. Sen embargo, os rapaces e rapazas con historia de alcoholismo familiar multixeneracional presentaron diferenzas significativas nas latencias dos PE visuais, aínda que se viron afectadas ondas diferentes segundo o sexo. As rapazas presentaron maior latencia da onda negativa frontal, Nc, mentres que os rapaces amosaron maior latencia da onda P300 parietocentral.