Executive functioning and alcohol binge drinking in university students
Autores: Parada, M.; Corral, M.; Mota, N.; Crego, A.; Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F.
Ano: 2012
Addictive Behaviors, 37, 167-172. DOI: 10.1016/j.addbeh.2011.09.015
Palabra clave: Binge drinking, Alcohol, University students, Adolescent development, Executive functions, Prefrontal cortex
Contexto: O consumo intensivo de alcohol (CIA) é prevalente entre os estudantes universitarios. Os estudos sobre alcoholismo amosan que o córtex prefrontal é vulnerable aos efectos neurotóxicos do alcohol. O córtex prefrontal sofre cambios estruturais e funcionais durante a adolescencia e o inicio da xuventude. Téñense observado diferenzas de xénero na maduración cerebral e no dano inducido polo alcohol. O obxectivo deste estudo foi analizar a relación entre CIA e funcións cognitivas sustentadas polo córtex prefrontal en homes e mulleres estudantes universitarios. Método: A mostra estivo formada por 122 estudantes (de 18 a 20 anos): 62 CIA (30 mulleres) e 60 non-CIA (29 mulleres). Valoráronse as funcións executivas mediante o WMS-III (Test de Retención de Díxitos Inversos e Test de Memoria Espacial Inversa), SOPT (deseños abstractos), Fluidez Fonética (PMR), BADS (Mapa do Zoo e Búsqueda de Chaves) e WCST-3. Resultados: Os estudantes CIA obtiveron puntuacións inferiores no Subtest de Díxitos Inversos e xeneraron máis respostas perseverativas no SOPT. No relativo á interacción CIA e sexo, os homes CIA tiveron puntuacións máis baixas no Subtest de Díxitos Inversos que as mullers CIA e que os homes non-CIA. Conclusións: o CIA asóciase con empobrecemento no desempeño de funcións executivas sustentadas polo córtex prefrontal dorsolateral. Os resultados non indican que as mulleres teñan maior vulnerabilidade aos efectos neurotóxicos do alcohol. Estas dificultades poden reflectir un retraso no desenvolvemento ou unha disfunción no lóbulo frontal.